Noticias

PREMIO ADOLFO ENRÍQUEZ 2021

A Romaría Etnográfica Raigame decidiu conceder o Premio Adolfo Enríquez correspondente ó ano 2021, á Banda de Musica de Vilanova que o ano pasado celebrou o seu 160 aniversario, sendo por elo un dos colectivos de música popular máis lonxevos de Galicia.

Creada no ano 1860 trala unión de dúas charangas do pobo, a do “Farruco” e a do “Hixinio”, pasa por ser unha das bandas máis constantes ó longo do tempo, pois dende a súa creación nunca deixou de existir, nin sequera nos tempos da guerra civil.

Verdadeiro símbolo do pobo, é unha das institucións que con mais éxito representan a esta comunidade, non só estando sempre presente nos actos mais destacados da vila como na romaría mariana da Virxe do Cristal do Cristal, senón levando o nome de Vilanova dos Infantes por un sen fin de lugares de Galicia, do resto de España e incluso de Portugal.

Dende a primeira edición da Romaría Raigame, a Banda de Vilanova formou parte activa da súa celebración, brindándolle ó publico un pequeno concerto coas pezas do seu basto repertorio.

Por todo elo, con este recoñecemento público que leva o nome do tan querido crego de Vilanova, don Adolfo Enríquez, a organización da Romaría Raigame desexa deixar constancia do moito que este colectivo lle ten aportado ó pobo de Vilanova ó longo de máis de século e medio de historia.

E para que así conste, asinan o presente en

Vilanova dos Infantes, 17 de maio de 2021