• CONSULTA E DESCARGA mapa distribución de artesáns e programa de actividades Romaría Raigame 2026

    O 17 de maio, Día das Letras Galegas, Vilanova dos Infantes (Celanova) volve converterse no corazón da cultura popular galega coa celebración da XXIII Romaría Etnográfica Raigame, organizada polo Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Dende as 10:30 horas —media hora antes que en edicións anteriores, debido á gran afluencia de participantes— o burgo medieval encherase de canteiros, tecedeiras, fiandeiras, ferreiros, zoqueiros e moitos outros oficios e artesanías tradicionais que nos trasladan á Galicia de arredor do 1900. Nesta páxina atoparás toda a información que precisas: o cartel oficial da edición, a listaxe definitiva de participantes, o mapa de distribución dos…

  • Listaxe definitiva de participantes e información xeral da Romaría Etnográfica Raigame 2026

    O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquin Lorenzo fan pública a listaxe definitiva dos participantes da Romaría Etnográfica Raigame 2026, xunto co mapa de distribución dos postos. Así mesmo, achégase o documento de declaración responsable e o compromiso de participación, de obrigada sinatura e cumprimento por parte de todos os participantes seleccionados. É requisito imprescindible para a confirmación da participación, asinar este documento e remitilo ao Concello de Celanova a través do enderezo electrónico cultura@celanova.gal. HORARIOS E ACCESO Este ano, debido á gran afluencia de grupos participantes e para posibilitar a participación de todos eles, a organización acordou adiantar media hora o inicio da romaría, que…

  • RELACIÓN DE PARTICIPANTES SELECCIONADOS PARA A ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME 2026

    Publícase a listaxe das solicitudes admitidas para a súa participación na Romaría Raigame 2026, segundo os criterios que se contemplan nas bases da presente edición. Unha vez confirmada a participación, publicarase a listaxe definitiva, conxuntamente co plano de ubicación para 2026. INTERIOR_Artesáns e tabernas Interesado Actividade Boaga Razas autóctonas Canteiros – Marcos Escudero Canteiros David Núñez Estévez – Asoc. Adolfo Enríquez Taberna Mª Carmen Goberna Falqué Antigüidades Fernando Peña Novo Antigüidades Ccp xaquín Lorenzo Teares Daniel Arza Gonzalez / Verónica Núñez López Alimentación Beatriz Marcano Rodríguez – O Curuncho Taberna Amanda Barreira Diéguez Fiandeira Asoc. M. Rurais “Arracada” de Vilar de Santos Fiadeiro Tamara Nogueira Estévez Ovellaviva Textil feltradora Beatriz…