Bases FACHADAS
CONCURSO DE ENGALANADO DE FACHADAS
“ROMARÍA RAIGAME 2025”
O Centro da Cultura Popular “Xaquín Lorenzo Fernández” (Deputación Provincial de Ourense) e o Concello de Celanova convocan o Concurso de “Decoración de Vivendas” correspondente á
“Romaría Etnográfica Raigame” 2025, que estará regulado polas seguintes BASES:
1. OBXECTIVO: O concurso ten como obxectivo incrementar o valor estético do conxunto urbano de Vilanova no día de celebración da Romaría, contribuíndo á mellora na ornamentación do
burgo e recuperando, con elo, a vella tradición de decorar as fachadas durante as festas e romarías de cada pobo.
Os propietarios das vivendas que reúnan as condicións necesarias para promover a decoración das súas fachadas, procederán a colocación daqueles obxectos domésticos tradicionais, tipo colchas ou cobertores, flores, etc., que axuden a mellorar a imaxe da vivenda.
2. PREMIOS:
1º 500 €
2º 300 €
3º 200 €
3. XURADO
O xurado será nomeado pola Organización, sendo as súas decisións inapelables, podendo deixar premios desertos así como conceder accésits especiais carentes de aportación económica.
Despois de realizar un percorrido pola vila durante a xornada, procederá á valoración das fachadas, considerando aspectos coma o coidado global da fachada, a utilización de cobertores
tradicionais, plantas autóctonas e outros elementos tradicionais que consigan unha harmonía no conxunto da edificación.
Unha vez fallados os premios, estes daranse a coñecer a través das redes e os medios de comunicación e serán entregados na seguinte edición da Romaría Etnográfica Raigame.
A participación no concurso implica a total aceptación das presentes bases.