Orixe

O sabor das vellas romarías galegas

A celebración da Romaría Etnográfica Raigame, que cada ano ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova dos Infantes, como un elemento máis do potencial turístico-cutural que oferta Celanova dentro do programa “Celanova, un paseo pola historia de Galicia” que pretende dar a coñecer os momentos máis importantes da historia de Galicia a través dun curto percorrido xeográfico, pero dun gran salto a través da historia, como son o múndo castrexo de Castromao, a etapa alto-medieval de San Miguel a riqueza baixo-medieval de Vilanova dos Infantes, o esplendor do barroco do Mosteiro de San Rosendo e o rexurdimento da lingua galega da Casa dos Poetas.

A Romaría Etnográfica Raigame, consolídase dende o ano 2002 coa súa primeira edición, na que se comenzou a crear un certame festivo artesanal no que se pretende destacar as singularidades e características que conserva o pobo de Vilanova dos Infantes.

As numerosas actividades das que se poden disfrutar abranguen actividades de teatro e títeres, música, e ambientación polas rúas. Os participantes que cada ano acoden a romería deleintan ós visitantes con bailes populares, xogos, contacontos e artesanía. Raigame conta cunha serie de concursos de fotografía, traballos literarios e investigación etnográfica.

Tamén podemos encontrar numerosas exposicións de todolos ámbitos da cultura galega.