Noticias

  • CONSULTA E DESCARGA mapa distribución de artesáns e programa de actividades Romaría Raigame 2026

    O 17 de maio, Día das Letras Galegas, Vilanova dos Infantes (Celanova) volve converterse no corazón da cultura popular galega coa celebración da XXIII Romaría Etnográfica Raigame, organizada polo Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Dende as 10:30 horas —media hora antes que en edicións anteriores, debido á gran afluencia de participantes— o burgo medieval encherase de canteiros, tecedeiras, fiandeiras, ferreiros, zoqueiros e moitos outros oficios e artesanías tradicionais que nos trasladan á Galicia de arredor do 1900. Nesta páxina atoparás toda a información que precisas: o cartel oficial da edición, a listaxe definitiva de participantes, o mapa de distribución dos…

  • Listaxe definitiva de participantes e información xeral da Romaría Etnográfica Raigame 2026

    O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquin Lorenzo fan pública a listaxe definitiva dos participantes da Romaría Etnográfica Raigame 2026, xunto co mapa de distribución dos postos. Así mesmo, achégase o documento de declaración responsable e o compromiso de participación, de obrigada sinatura e cumprimento por parte de todos os participantes seleccionados. É requisito imprescindible para a confirmación da participación, asinar este documento e remitilo ao Concello de Celanova a través do enderezo electrónico cultura@celanova.gal. HORARIOS E ACCESO Este ano, debido á gran afluencia de grupos participantes e para posibilitar a participación de todos eles, a organización acordou adiantar media hora o inicio da romaría, que…

  • RELACIÓN DE PARTICIPANTES SELECCIONADOS PARA A ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME 2026

    Publícase a listaxe das solicitudes admitidas para a súa participación na Romaría Raigame 2026, segundo os criterios que se contemplan nas bases da presente edición. Unha vez confirmada a participación, publicarase a listaxe definitiva, conxuntamente co plano de ubicación para 2026. INTERIOR_Artesáns e tabernas Interesado Actividade Boaga Razas autóctonas Canteiros – Marcos Escudero Canteiros David Núñez Estévez – Asoc. Adolfo Enríquez Taberna Mª Carmen Goberna Falqué Antigüidades Fernando Peña Novo Antigüidades Ccp xaquín Lorenzo Teares Daniel Arza Gonzalez / Verónica Núñez López Alimentación Beatriz Marcano Rodríguez – O Curuncho Taberna Amanda Barreira Diéguez Fiandeira Asoc. M. Rurais “Arracada” de Vilar de Santos Fiadeiro Tamara Nogueira Estévez Ovellaviva Textil feltradora Beatriz…

  • NORMAS DE INSCRICIÓN E CRITERIOS DE SELECCIÓN RAIGAME 2026

    A. NORMAS DE INSCRICIÓN E CRITERIOS DE SELECCIÓN A Romaría Etnográfica Raigame, que pretende promocionar a cultura tradicional galega centrando os seus esforzos na divulgación da música, o folclore e os oficios e artesanías tradicionais primando o seu aspecto pedagóxico e cultural, ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN para a edición de 2026 co seguinte calendario: Do 11 de febreiro ao 02 de marzo, ambos incluídos, recepción de inscricións no rexistro do Concello de Celanova. Do 16 ao 23 de marzo, comunicación aos interesados da aceptación ou non da súa solicitude por parte da Organización, así como do lugar onde serán instalados en Vilanova. Do 23 ao 31 de marzo, confirmación…