CONCURSOS DA ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME 2024
O Centro da Cultura Popular “Xaquín Lorenzo Fernández” (Deputación Provincial de Ourense) e o Concello de Celanova convocan os Concursos correspondentes á “Romaría Etnográfica Raigame” 2024, que serán regulados polas seguintes BASES:
1. HABERÁ 3 MODALIDADES:
A. FOTOGRAFÍA:
Participarán no concurso tódalas fotografías que sexan compartidas no Instagram de Raigame sinaladas co #raigame2024
Os participantes poderán enviar as fotografías que desexen a través das redes sociais (instagram e facebook) de Raigame colocándoas no muro coa referencia #fotoraigame24.
Entrarán no concurso aquelas fotografías que sexan compartidas antes das 24,00 horas do 19 de maio.
As fotografías serán tomadas durante a celebración da presente edición da Romaría, deberán iren acompañadas dun breve título. Cada autor poderá presentar as fotografías que estime oportunas.
B. MICRO VÍDEOS:
As persoas que desexen participar farano co envío dun vídeo de entre 1 e 3 minutos, incluíndo cabeceira e créditos, podendo ser gravados con calquera dispositivo.
Poderanse compartir directamente nos muros das redes sociais de Raigame ou enviando un enlace a estas mesmas redes.
C. DECORACIÓN EXTERIOR DE VIVENDAS:
Este concurso ten como obxectivo incrementar o valor estético do conxunto urbano de Vilanova no día de celebración da Romaría, contribuíndo á mellora na ornamentación do burgo e recuperando, con elo, a vella tradición de decorar as fachadas durante as festas e romarías de cada pobo.
Os propietarios das vivendas que reúnan as condicións necesarias para promover a decoración das súas fachadas, procederán a colocación daqueles obxectos domésticos tradicionais, tipo colchas ou cobertores, flores, etc., que axuden a mellorar a imaxe da vivenda.
2. PREMIOS:
2.1. MELLOR FOTOGRAFÍA
1º 150 €
2º 125 €
3º 100 €
2.2. MICRO-VÍDEOS:
1º 150 €
2º 125 €
3º 100 €.
2.3. DECORACIÓN EXTERIOR DE VIVENDAS:
1º 300 €
2º 200 €
3º 100 €
3. XURADOS
Os xurados serán nomeados pola Organización, sendo as súas decisións inapelables, podendo deixar premios desertos así como conceder accésits especiais carentes de aportación económica e consistentes na participación na Exposición para o caso do Concurso Fotográfico e a proxección para o Concurso de Micro-vídeos. Tamén poderá modificar o número de premios e as súas cantidades en función da calidade e o número de traballos presentados.
No tocante ó Concurso de decoración exterior das vivendas, o xurado estará constituído por representantes do Centro da Cultura Popular Xoaquín Lorenzo, dos colectivos sociais de Vilanova e da Corporación municipal de Celanova, que realizará un percorrido pola vila durante a xornada, procedendo á valoración das fachadas, considerando aspectos coma o coidado global da fachada, a utilización de cobertores tradicionais, plantas autóctonas e outros elementos tradicionais que consigan unha harmonía no conxunto da edificación.
Unha vez fallados os premios, estes daranse a coñecer a través das redes e dos medios de comunicación tradicionais. Os premios serán entregados coincidindo coa inauguración da exposición itinerante “Estampas dunha romaría”.
A participación no concurso implica a total aceptación das presentes bases.