NORMAS DE INSCRICIÓN E CRITERIOS DE SELECCIÓN RAIGAME 2024
-
NORMAS DE INSCRICIÓN E CRITERIOS DE SELECCIÓN
-
A Romaría Etnográfica Raigame, que pretende promocionar a cultura tradicional galega centrando os seus esforzos na divulgación da música, o folclore e os oficios e artesanías tradicionais primando o seu aspecto pedagóxico e cultural, ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN para a edición de 2024 co seguinte calendario:
-
Do 20 de febreiro ó 17 de marzo, ambos incluídos, recepción de inscricións no rexistro do Concello de Celanova.
-
Do 18 ó 22 de marzo, comunicación aos interesados da aceptación ou non da súa solicitude por parte da Organización, así como do lugar onde serán instalados en Vilanova.
-
Do 25 de ó 31 de marzo, confirmación por parte dos interesados do seu interese por asistir á Romaría Etnográfica Raigame.
-
-
Pechado o prazo de inscrición, a Organización realizará unha distribución dos espazos e unha asignación de local ou espazo para cada solicitante. Este espazo será acondicionado dun xeito acorde cos obxectivos da romaría en función das seguintes pautas:
-
Interior do burgo medieval:
-
Oficios tradicionais cuxos responsables realizan durante o día traballos demostrativos da súa actividade e teñen unha participación activa de cara ó visitante ó longo de toda a xornada
-
Establecementos dedicados ó servizo de expedición de produtos gastronómicos e bebidas tradicionais, que estarán situados en locais cedidos ó Concello polos veciños e asignados pola organización
-
-
Exterior do burgo medieval:
-
Artesáns de bixutería, coiro, vidro, madeira, tecidos, etc., dedicados á exposición e venda dos seus produtos. Haberá 28 postos de madeira de 3,00 m x 1,50 m facilitados pola organización e instalados na estrada de acceso a Vilanova para dar servizo unificado a esta demanda
-
Establecementos dedicados ó servizo de expedición e venda de produtos vexetais, gastronómicos e bebidas con posto propio que serán instalados na estrada de Vilanova a Santa María.
-
-
-
Entre todas as solicitudes presentadas, a Organización realizará unha selección dos oficios/artesáns participantes tendo en conta as anteriores pautas de distribución e os seguintes criterios de valoración:
-
Interior do burgo medieval:
-
Oficios tradicionais que desenvolvan a actividade ó longo da xornada (ata un máximo de 15 puntos):
-
Orde de entrada no Rexistro do Concello de Celanova
-
1 a 4 puntos (por orde inversa da semana de inscrición)
-
-
Execución práctica do traballo e demostración efectiva do oficio ó longo da xornada, organización de obradoiros prácticos, etc.:
-
1 a 3 puntos
-
-
Singularidade do oficio ou artesanía respecto dos oficios ou artesanías presentes noutras edicións:
-
1 a 3 puntos
-
-
Relación cos oficios tradicionais galegos e interese obxectivo da actividade para a mellora estética da Romaría Etnográfica Raigame:
-
1 a 5 puntos
-
-
-
Establecementos de produtos gastronómicos ou bebidas tradicionais (ata un máximo de 15 puntos):
-
Preferencia segundo o lugar de empadroamento
-
Vilanova dos Infantes …………….. 5 puntos
-
Concello de Celanova …………….. 3 puntos
-
Comarca de Celanova …………….. 2 puntos
-
Outros ………………………………….. 1 punto
-
-
Orde de entrada no Rexistro do Concello de Celanova:
-
1 a 4 puntos (por orde inversa da semana de inscrición)
-
-
Adecuación dos produtos postos á venda ó ambiente propio dunha romaría tradicional:
-
1 a 3 puntos
-
-
Ambientación do negocio e das persoas que se encargarán da súa atención no transcurso da Romaría:
-
1 a 3 puntos
-
-
-
-
Exterior do burgo medieval:
-
Artesáns de coiro, vidro, madeira, tecidos e semellantes que serán instalados nalgún dos 28 postos de madeira instalados na estrada de acceso (ata un máximo de 10 puntos):
-
Orde de entrada no Rexistro do Concello de Celanova:
-
1 a 4 puntos (por orde inversa da semana de inscrición)
-
-
Singularidade do oficio ou artesanía respecto dos oficios ou artesanías presentes noutras edicións:
-
1 a 3 puntos
-
-
Relación cos oficios tradicionais galegos e interese obxectivo da actividade para a mellora estética da Romaría Etnográfica Raigame:
-
1 a 3 puntos
-
-
-
Establecementos dedicados á expedición e venda de produtos gastronómicos e bebidas con posto propio (ata un máximo de 10 puntos):
-
Orde de entrada no Rexistro do Concello de Celanova:
-
1 a 4 puntos (por orde inversa da semana de inscrición)
-
-
Adecuación dos produtos postos á venda ó ambiente propio dunha romaría tradicional:
-
1 a 3 puntos
-
-
Ambientación do negocio e das persoas que se encargarán da súa atención no transcurso da Romaría:
-
1 a 3 puntos
-
-
-
-
-
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Celanova (https://celanova.sedelectronica.es/info.4) cubrindo unha instancia xeral na que se indicará como referencia o epígrafe “Raigame 2024” e achegando, ademais, os seguintes datos:
-
Nome comercial (será o utilizado no material publicitario da Romaría)
-
Tipo de oficio/artesanía 1 (1 Alimentación (produtos tradicionais); Bixutería; Canteiro; Carpinteiro; Cesteiro; Ceramista, Coiro; Ebanista; Ferreiro; Gastronomía; Luthier; Oleiro; Panadeiro; Queixeiro; Taberna; Telleiro; Tecedeira; Téxtil; Torneiro; Zapateiro-Zoqueiro; Libreiro, etc.)
-
Persoa de contacto
-
Teléfono de contacto
-
Correo electrónico de contacto
-
Descrición detallada da actividade que pretende desenvolver durante a xornada, respondendo ós criterios especificados para cada caso no punto anterior
-
Informar se conta ou non con local da súa propiedade en Vilanova
-
Información gráfica destinada a facilitar a valoración anteriormente descrita
-
Declaración responsable
-
A falsidade ou omisión de información marcada como obrigatoria na solicitude poderá derivar na non admisión como participante na Romaría Etnográfica Raigame. A confirmación de participación na Romaría implica a aceptación dos principios organizativos da mesma e que se manifestan nestas normas.
B. COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN DOS SOLICITANTES
Unha vez rematado o procedemento de selección, aquelas solicitudes seleccionadas deberán asinar un compromiso de participación regulamentado polas seguintes bases:
-
A preinscrición non outorga a autorización directa para a participación na Romaría en canto a organización non comunique tal decisión indicando o lugar de instalación asignado ó solicitante.
-
Aquelas solicitudes non elixidas inicialmente quedarán inscritas nun listado de reserva.
-
As solicitudes seleccionadas contarán cun local ou espazo exterior, segundo o a actividade que desenvolven.
-
No caso dos oficios instalados dentro do burgo medieval, os responsables comprométense a montar un pequeno posto de traballo e realizar demostracións prácticas da súa actividade ó longo da xornada.
-
O artesán, persoal de oficios ou responsable do posto de produtos vexetais, gastronómicos ou bebidas tradicionais participante, comprométese a instalar o seu espazo nunhas condicións de máximo atractivo coa actividade á que se dedique, co fin de incrementar o atractivo xeral da Romaría.
-
O artesán comprométese a ataviarse, tanto el coma os que colaboren con el na actividade, con vestimentas propias do oficio ou semellantes, correspondente ó tempo en que se celebraban este tipo de Romarías tradicionais.
-
Os postos estarán abertos a partir das 11,00 ata as 19:00 horas, quedando a decisión do participante a potestade de mantelo aberto durante o horario do xantar, establecido entre as 14,00 h e as 16,00 h. Os establecementos dedicados ó servizo de expedición de produtos gastronómicos e bebidas tradicionais poderán permanecer abertos ata as 21,00 horas improrrogables.
-
Co fin de facilitar a instalación de tódolos postos no interior do burgo medieval e o traslado dos produtos ata estes postos, dende primeira hora da mañá e ata as 9,30 os vehículos poderán acceder ó interior do burgo, non podendo permanecer ningún vehículo no interior ata as 19,00 horas, que será cando se volva abrir o tráfico para proceder a desmontar os postos.
-
O artesán responsabilizarase dos danos que puidera causar no baixo ou espazo exterior cedido pola organización cando estes sexan causados con dolo, culpa ou neglixencia imputable ó artesán/participante.
-
Os responsables dos postos gastronómicos e de bebidas tradicionais comprométense a manter, o espazo próximo ao seu posto, limpo do lixo xerado polos seus clientes (botellas, vasos, papeis, etc.).
-
A organización farase responsable de todos aqueles danos que non estean contemplados nas cláusulas anteriores a través dun Seguro de Responsabilidade Civil e Danos subscrito ó efecto.
-
No caso de incumprimento dalgunha das cláusulas anteriores por parte dos artesáns/participantes, a organización poderá excluílos de participación nas edicións futuras.
-
A organización remitirá a cada participante unha copia das bases e da aceptación da súa inscrición previa para que a teña nun lugar visible durante a celebración da Romaría.
-
Os asistentes acceden a dar o seu permiso para poder ser recollido en imaxes, tanto fotográficas como de vídeo ou TV, durante a celebración da Romaría.
-
De acordo ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, toma coñecemento de que os datos de carácter persoal facilitados serán incorporados a un ficheiro denominado “Raigame” que se atopa inscrito na Axencia Española de Protección de Datos e que é titularidade do Concello de Celanova.
-
A sinatura do compromiso de participación na Romaría implica a ACEPTACIÓN DESTAS BASES e a sinatura da declaración responsable que se xunta como anexo
Celanova, 19 de febreiro de 2024