• CONSULTA E DESCARGA mapa distribución de artesáns e programa de actividades Romaría Raigame 2026

    O 17 de maio, Día das Letras Galegas, Vilanova dos Infantes (Celanova) volve converterse no corazón da cultura popular galega coa celebración da XXIII Romaría Etnográfica Raigame, organizada polo Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Dende as 10:30 horas —media hora antes que en edicións anteriores, debido á gran afluencia de participantes— o burgo medieval encherase de canteiros, tecedeiras, fiandeiras, ferreiros, zoqueiros e moitos outros oficios e artesanías tradicionais que nos trasladan á Galicia de arredor do 1900. Nesta páxina atoparás toda a información que precisas: o cartel oficial da edición, a listaxe definitiva de participantes, o mapa de distribución dos…