• Artesáns inscritos para participar na Romaría Etnográfica Raigame 2022

    Os que seguen son os artesáns que se inscribiron para participar na romaría etnográfica Raigame, tanto dentro como fóra do burgo. Se algunha persoa realizou a inscrición e non está no listado pode poñerse en contacto coa organización durante a próxima semana a través do teléfonos 988431481 ou 988431487. A distribución dos espazos comunicarase tamén a partir da próxima semana, cando teñamos confirmados os mesmos por parte dos veciños que colaboran coa romaría cedendo os seus locais.    

  • CONCURSOS DA ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME 2022

    FOTOGRAFÍA, INVESTIGACIÓN ETNOGRÁFICA E MICRO VÍDEOS Despois do parón de actividade nos anos 2020 e 2021 provocado pola Covid-19, a Organización  (“CCP Xaquín Lorenzo Fernández” da Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Celanova), convoca os Concursos da “Romaría Etnográfica Raigame” do ano 2022 regulados polas seguintes BASES: Poderá participar calquera persoa a nivel individual ou como colectivo, independentemente da súa nacionalidade, residencia e idade. O concurso terá 3 modalidades nas que os concursantes poderán participar simultaneamente cun único traballo en cada unha delas. CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: Todas as fotografías presentadas deberán ser orixinais en cor ou en branco e negro e presentaranse impresas en papel fotográfico acompañadas de…

  • A Romaría Etnográfica Raigame volve con máis ilusión aínda ca hai tres anos

    Esta XX edición estará dedicada ós servizos sanitarios tradicionais, centrando o foco nos vellos médicos rurais Despois de dous anos de obrigado silencio, nada máis que con sinxelas propostas de participación a través das redes sociais, este ano queremos volver darlle á romaría Raigame o valor que a mesma ten no ámbito da celebración singular do Día da Cultura Galega e no marco xeral da conmemoración do Día das Letras Galegas. Dada a incidencia que durante estes últimos dous anos exerceu a pandemia en tódolos aspectos sociais, culturais, económicos e fundamentalmente sanitarios do noso día a día e a importancia que con ilo recobrou a atención sanitaria nas nosas vidas,…

  • PREMIO ADOLFO ENRÍQUEZ 2021

    A Romaría Etnográfica Raigame decidiu conceder o Premio Adolfo Enríquez correspondente ó ano 2021, á Banda de Musica de Vilanova que o ano pasado celebrou o seu 160 aniversario, sendo por elo un dos colectivos de música popular máis lonxevos de Galicia. Creada no ano 1860 trala unión de dúas charangas do pobo, a do “Farruco” e a do “Hixinio”, pasa por ser unha das bandas máis constantes ó longo do tempo, pois dende a súa creación nunca deixou de existir, nin sequera nos tempos da guerra civil. Verdadeiro símbolo do pobo, é unha das institucións que con mais éxito representan a esta comunidade, non só estando sempre presente nos…