Noticias

  • LISTADO DE PARTICIPANTES NA XX EDICIÓN DA ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME 2023

    En total serán 107 os postos de oficios tradicionais, artesanía en xeral e gastronomía, que estarán distribuídos entre o interior e o exterior do núcleo de Vilanova dos Infantes nesta vixésima edición da romaría etnográfica Raigame, que ademais terá unha mirada especial ó oficio dos canteiros, oficio sen o cal, evidentemente, non existiría nin a Vilanova que coñecemos, nin o mosteiro de San Rosendo, nin tampouco á singular capela mozárabe de San Miguel, que este ano conmemora o centenario da súa declaración como Monumento Histórico Nacional, agora denominada Ben de Interese Cultural, declaración, esta, que foi aprobada o 12 de abril de 1923. A esta intensa representación expositiva sumaráselle, coma…

  • NORMAS DE INSCRICIÓN E CRITERIOS DE SELECCIÓN RAIGAME 2023

    A Romaría Etnográfica Raigame, que pretende promocionar a cultura tradicional galega centrando os seus esforzos na  divulgación da música, o folclore e os oficios e artesanías tradicionais, primando o seu aspecto pedagóxico e cultural, ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN para a edición de 2023 co seguinte calendario: Do 6 ó 26 de marzo, ambos incluídos, recepción de inscricións no rexistro do Concello de Celanova. Do 28 de marzo ao 2 de abril, comunicación aos interesados da aceptación ou non da súa solicitude por parte da Organización, así como do lugar onde serán instalados en Vilanova. Do 3 de ó 9 de abril, confirmación por parte dos interesados do seu interese…