Noticias

  • Noticias

    A Romaría Etnográfica Raigame volve con máis ilusión aínda ca hai tres anos

    Esta XX edición estará dedicada ós servizos sanitarios tradicionais, centrando o foco nos vellos médicos rurais Despois de dous anos de obrigado silencio, nada máis que con sinxelas propostas de participación a través das redes sociais, este ano queremos volver darlle á romaría Raigame o valor que a mesma ten no ámbito da celebración singular do Día da Cultura Galega e no marco xeral da conmemoración do Día das Letras Galegas. Dada a incidencia que durante estes últimos dous anos exerceu a pandemia en tódolos aspectos sociais, culturais, económicos e fundamentalmente sanitarios do noso día a día e a importancia que con ilo recobrou a atención sanitaria nas nosas vidas,…

  • Noticias

    PREMIO ADOLFO ENRÍQUEZ 2021

    A Romaría Etnográfica Raigame decidiu conceder o Premio Adolfo Enríquez correspondente ó ano 2021, á Banda de Musica de Vilanova que o ano pasado celebrou o seu 160 aniversario, sendo por elo un dos colectivos de música popular máis lonxevos de Galicia. Creada no ano 1860 trala unión de dúas charangas do pobo, a do “Farruco” e a do “Hixinio”, pasa por ser unha das bandas máis constantes ó longo do tempo, pois dende a súa creación nunca deixou de existir, nin sequera nos tempos da guerra civil. Verdadeiro símbolo do pobo, é unha das institucións que con mais éxito representan a esta comunidade, non só estando sempre presente nos…

  • Noticias,  Premios fotografia

    Concursos de Fotografía e investigación etnográfica – Raigame 2021

    CONCURSOS ROMARÍA RAIGAME 2021 Coa intención de manter vivo o espírito da Romaría Etnográfica Raigame que a situación pandémica da COVID-19 fixo que se suspendese no ano 2020, a Organización  (“CCP Xaquín Lorenzo Fernández” da Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Celanova), convoca os Concursos da “Romaría Etnográfica Raigame” do ano 2021 regulados polas seguintes BASES: Poderá participar calquera persoa a nivel individual ou como colectivo, independentemente da súa nacionalidade, residencia e idade. O concurso terá 3 modalidades nas que os concursantes poderán participar simultaneamente cun único traballo en cada unha delas. FOTOGRAFÍA: Todas as fotografías presentadas deberán ser orixinais en cor ou en branco e negro e…