Bases participación,  Criterios selección,  Noticias

NORMAS DE INSCRICIÓN E CRITERIOS DE SELECCIÓN RAIGAME 2023

  1. A Romaría Etnográfica Raigame, que pretende promocionar a cultura tradicional galega centrando os seus esforzos na  divulgación da música, o folclore e os oficios e artesanías tradicionais, primando o seu aspecto pedagóxico e cultural, ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN para a edición de 2023 co seguinte calendario:
    • Do 6 ó 26 de marzo, ambos incluídos, recepción de inscricións no rexistro do Concello de Celanova.
    • Do 28 de marzo ao 2 de abril, comunicación aos interesados da aceptación ou non da súa solicitude por parte da Organización, así como do lugar onde serán instalados en Vilanova.
    • Do 3 de ó 9 de abril, confirmación por parte dos interesados do seu interese por asistir á Romaría Etnográfica Raigame.
  2. Pechado o prazo de inscrición, a Organización realizará unha distribución dos espazos e unha asignación de local ou espazo para a súa colocación en Vilanova dos Infantes, acorde cos obxectivos da festa, en función das seguintes pautas:
    1. Interior do burgo medieval:
      i. Oficios tradicionais cuxos responsables realizan durante o día traballos demostrativos da súa actividade e teñen unha participación activa de cara ó visitante ó longo de toda a xornada.
      ii. Establecementos dedicados ó servizo de expedición de produtos gastronómicos e bebidas tradicionais, que estarán situados en locais cedidos ó Concello polos veciños e asignados pola organización.
    2. Exterior do burgo medieval:
      i. Artesáns de bixutería, coiro, vidro, madeira, tecidos, etc., dedicados exclusivamente á exposición e venda dos seus produtos. Haberá 28 postos de madeira de 3,00 m x 1,50 m facilitados pola organización e instalados na estrada de acceso a Vilanova para dar servizo unificado a esta demanda.
      ii. Establecementos dedicados ó servizo de expedición e venda de produtos gastronómicos e bebidas con posto propio que serán instalados na estrada de Vilanova a Santa María.
  3. A Organización fará a selección dos oficios/artesáns participantes entre todas as solicitudes presentadas, tendo en conta as anteriores pautas de distribución e os seguintes criterios de puntuación:
    1. Interior do burgo medieval:
      i. Oficios tradicionais que desenvolvan a actividade ó longo da xornada (ata un máximo de 15 puntos):

      1. Orde de entrada no Rexistro do Concello de Celanova
        • 1 a 4 puntos (por orde inversa da semana de inscrición)
      2. Execución práctica do traballo e demostración efectiva do oficio ó longo da xornada, organización de obradoiros prácticos, etc.:
        • 3 puntos
      3. Singularidade do oficio ou artesanía respecto dos oficios ou artesanías presentes noutras edicións:
        • 1 a 3 puntos
      4. Relación cos oficios tradicionais galegos e interese obxectivo da actividade para a mellora estética da Romaría Etnográfica Raigame:
        • 1 a 5 puntos

               ii. Establecementos de produtos gastronómicos ou bebidas tradicionais (ata un máximo de 15 puntos):

      1. Preferencia segundo o lugar de empadroamento
        •  Vilanova dos Infantes …………….. 5 puntos
        • Concello de Celanova …………….. 3 puntos
        • Comarca de Celanova …………….. 2 puntos
        • Outros ………………………………….. 1 punto
      2. Orde de entrada no Rexistro do Concello de Celanova:
        • 1 a 4 puntos (por orde inversa da semana de inscrición)
      3. Adecuación dos produtos postos á venda ó ambiente propio dunha romaría tradicional:
        • 1 a 3 puntos
      4. Ambientación do negocio e das persoas que se encargarán da súa atención no transcurso da Romaría:
        1. 1 a 3 puntos
  1. Exterior do burgo medieval:
    1. i. Artesáns de coiro, vidro, madeira, tecidos e semellantes que serán instalados nalgún dos 28 postos de madeira instalados pola organización (ata un máximo de 10 puntos):
      1. Orde de entrada no Rexistro do Concello de Celanova:
        • 1 a 4 puntos (por orde inversa da semana de inscrición)
      2. Singularidade do oficio ou artesanía respecto dos oficios ou artesanías presentes noutras edicións:
        • 1 a 3 puntos
      3. Relación cos oficios tradicionais galegos e interese obxectivo da actividade para a mellora estética da Romaría Etnográfica Raigame:
        • 1 a 3 puntos
    2. ii. Establecementos dedicados á expedición e venda de produtos gastronómicos e bebidas con posto propio (ata un máximo de 10 puntos):
      1. Orde de entrada no Rexistro do Concello de Celanova:
        • 1 a 4 puntos (por orde inversa da semana de inscrición)
      2. Adecuación dos produtos postos á venda ó ambiente propio dunha romaría tradicional:
        • 1 a 3 puntos
      3. Ambientación do negocio e das persoas que se encargarán da súa atención no transcurso da Romaría:
        • 1 a 3 puntos

4. As solicitudes presentadas deberán indicar obrigatoriamente os seguintes puntos:

  • Nome comercial (será o utilizado no material publicitario da Romaría)
  • Tipo de oficio/artesanía (Alimentación (produtos tradicionais); Bixutería; Canteiro; Carpinteiro; Cesteiro; Ceramista, Coiro;
    Ebanista; Ferreiro; Gastronomía; Luthier; Oleiro; Panadeiro; Queixeiro; Taberna; Telleiro; Tecedeira;
    Téxtil; Torneiro; Zapateiro-Zoqueiro; Libreiro, etc.)
  • Persoa de contacto
  • Teléfono de contacto
  • Correo electrónico de contacto
  • Descrición detallada da actividade que pretende desenvolver durante a xornada, respondendo ós criterios especificados para cada caso no punto anterior
  • Informar se conta ou non con local da súa propiedade en Vilanova
  • Información gráfica e textual destinada a facilitar a valoración anteriormente descrita
    A omisión de información marcada como obrigatoria na solicitude poderá derivar na non admisión como participante na Romaría Etnográfica Raigame. A confirmación de participación na Romaría implica a aceptación dos principios organizativos da mesma e que se manifestan nestas normas.
  1. B. COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN DOS SOLICITANTES
    Unha vez rematado o procedemento de selección, aquelas solicitudes seleccionadas deberán asinar un compromiso de participación regulado nas seguintes bases:
    1. A preinscrición non outorga a autorización directa para a participación na Romaría en canto a organización non comunique tal decisión indicando o lugar de instalación.
    2. Aquelas solicitudes non elixidas inicialmente quedarán inscritas nun listado de reserva.
    3. As solicitudes seleccionadas contarán cun local ou espazo exterior, segundo o a actividade que desenvolven.
    4. No caso dos oficios instalados dentro do burgo medieval, os responsables comprométense a instalar un pequeno posto de traballo e realizar demostracións prácticas da súa actividade ó longo da xornada.
    5. O artesán, persoal de oficios ou responsable do posto de produtos gastronómicos ou bebidas tradicionais participante, comprométese a instalar o seu espazo nunhas condicións de máximo atractivo coa actividade á que se dedique, co fin de incrementar o atractivo xeral da Romaría.
    6. O artesán comprométese a ataviarse, tanto el como os que colaboren con el na actividade, con vestimentas propias do oficio ou semellantes, correspondente ó tempo en que se celebraban este tipo de Romarías tradicionais.
    7. Os postos estarán abertos a partir das 11,00 ata as 19:00 horas, quedando a decisión do participante a potestade de mantelo aberto durante o horario do xantar, establecido entre as 14,00 h e as 16,00 h. Os establecementos dedicados ó servizo de expedición de produtos gastronómicos e bebidas tradicionais poderán permanecer abertos ata as 21,00 horas improrrogables.
    8. Co fin de facilitar a instalación de tódolos postos no interior do burgo medieval e o traslado dos produtos ata estes postos, dende primeira hora da mañá e ata as 9,30 os vehículos poderán acceder ó interior do burgo, non podendo permanecer ningún
    vehículo no interior ata as 19,00 horas, que será cando se volva abrir o tráfico para proceder a desmontar os postos.
    9. O artesán responsabilizarase dos danos que puidera causar no baixo ou espazo exterior cedido pola organización cando estes sexan causados con dolo, culpa ou neglixencia imputable ó artesán/participante.
    10. Os responsables dos postos gastronómicos e de bebidas tradicionais comprométense a manter, o espazo próximo ao seu posto, limpo do lixo xerado polos seus clientes (botellas, vasos, papeis, etc.).
    11. A organización farase responsable de tódolos aqueles danos que non estean contemplados nas cláusulas anteriores a través dun Seguro de Responsabilidade Civil e Danos subscrito ó efecto.
    12. No caso de incumprimento dalgunha das cláusulas anteriores por parte dos artesáns/participantes, a organización poderá excluílos de participación nas edicións futuras.
    13. A organización remitirá a cada participante unha copia das bases e da aceptación da súa preinscrición para que a teña nun lugar visible durante a celebración da Romaría.
    14. O artesán concede o seu permiso para poder ser recollido en imaxes, tanto fotográficas como de vídeo ou TV, durante a celebración da Romaría.
    15. De acordo ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, toma coñecemento de que os datos de carácter persoal facilitados serán incorporados a un ficheiro denominado “Raigame” que se atopa inscrito na Axencia Española de Protección de Datos e que é titularidade do Concello de Celanova.
    16. A sinatura do compromiso de participación na Romaría implica a ACEPTACIÓN DESTAS BASES DE PARTICIPACIÓN.