Noticias

Artesáns inscritos para participar na Romaría Etnográfica Raigame 2022

Os que seguen son os artesáns que se inscribiron para participar na romaría etnográfica Raigame, tanto dentro como fóra do burgo. Se algunha persoa realizou a inscrición e non está no listado pode poñerse en contacto coa organización durante a próxima semana a través do teléfonos 988431481 ou 988431487.

A distribución dos espazos comunicarase tamén a partir da próxima semana, cando teñamos confirmados os mesmos por parte dos veciños que colaboran coa romaría cedendo os seus locais.